miércoles, 24 de abril de 2024

HOXE COCIÑAMOS.... TARTALETAS DE FROITA

 

Preparados para cociñar? Sabes que as dúas cousas máis importantes a ter en conta son a limpeza e a seguridade.Hai que traballar sempre coas mans e có material moi limpio e ter moito coidado coas fontes de calor,como o forno que usaremos nesta receita.

Pois imos aló! Hoxe cociñaremos tartaletas de froita.

XA ESTAMOS PREPARADOS




Os ingredientes son os seguintes: masa de follado,plátano,amorodos, mazá e compota .

MASA DE FOLLADO


PREPARADOS COA CULLER PARA BOTAR A COMPOTA


EXTENDEMOS SOBRE A MASA





PERO QUE RICA ESTÁ!



TOCA  COLOCAR A FROITA  SOBRE A COMPOTA


GRAN COLORIDO






DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN



UNS QUINCE MINUTOS AO FORNO E....LISTO PARA COMER!

QUE BEN SABE!

BOÍSIMO!

IMOS PROBAR!

AÍNDA ESTÁ ALGO QUENTE!

                                                                       BÓ PROVEITO!

martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DA FROITA


A través do noso programa Edusaúde, adicamos dúas semanas ao consumo de froita na hora da merenda.
Mandarinas,plátanos,ananás,amorodos,mazá,kiwis...,todo tipo de froita de tempada,coa que fixemos macedonia,brochetas,en anacos..


RICAS MANDARINAS

DESENVOLVEMOS A MOTRICIDADE FINA

UNHA VEZ PELADA,TROCEAMOS

 MAZÁS VERMELLAS



QUE RICA ESTÁ A MAZÁ!


MINI BROCHETA

BROCHETA COLORIDA

QUE BOA ESTABA!



AMORODOS E ANANÁS

KIWI


                                                       FROITA,FONTE DE VITAMINAS!

"PINGÜIN"

 

Partimos cara a Pontevedra para poder desfrutar da obra de teatro de monicreques "PINGÜIN",da man da Compañía Empatía Teatro.

Conta as peripecias dun pequeno pingüin que vai ter un irmán. A chegada dun novo membro á familia fai que se sinta algo confundido e temeroso de perder o cariño dos seus pais.

Pero dase conta de que ocurre todo o contrario: acaba de gañar un amigo para toda a vida.

PREPARADOS PARA SUBIR Ó AUTOBÚS


OÍDOS BEN ABERTOS,QUE IMOS COMEZAR!

Unha vez rematada a obra,hai que merendar para repoñer forzas.

AO RICO BOCATA!

E agora imos xogar ao Parque da Xunqueira!